Páxina principal
Quen somos?
 

Benvidos á sección Quen somos?

Nesta sección poderás coñecer as persoas que poboamos Matasueiro e que xuntas estamos detrás desta web.

Coñeces máis fragmentos da historia da parroquia?

Tes á túa disposición un formulario no que podes mandarnos todas as túas aportacións, non esquezas mandarnos algunha foto ;-D

Queres participar, aportar ou corrixir algúns dos apartados do web, adiante !!! estamos á espera das túas suxestións.

Ola


 
Somos unha sociedade, unha pequena sociedade, unha sociedade parroquial, mergullada noutras macrosociedades: municipal, provincial, autonómica... en fin... mergullados no mundo.

Somos o resultado do noso pasado e a ponte cara ó futuro. Un pasado de emigracións e, posiblemente un futuro de inmigracións.

 
Somos a parroquia máis pequena de Outes.
Unha parroquia con inquedanzas centrados cada un no seu traballo cotián.
Sacramento 2007
Sacramento 2007

Somos Matasueiro, topónimo que herdamos dos pobos xermanos que no século V chegaron a estas terras.

 
Vixiando o fermoso val do río Tines e o seu conxunto, atópase A Torre, chamada polos veciños "Torre dos mouros", fortaleza medieval que actualmente conserva un arco de estilo gótico.
Río TinesA TorreRío Tines

 

 

Parece ser que a nosa parroquia foi testemuña do paso de peregrinos cara Santiago de Compostela, pois era atravesada polo chamado Camiño da Montaña, un dos que dende Fisterra se dirixía a Compostela.
Xacobeo
Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
  Somos xa que logo, unha sociedade con historia.  
         

Copyright © Asociación veciños Sueiro - Outes - A Coruña .Todos os dereitos reservados. 2007