Foros de discusión www.aavvsueiro.org
Foro: Asociación de Veciños Sueiro
 
 Preguntas frecuentesPreguntas frecuentes   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ve-las súas mensaxes privadasEntre para ve-las súas mensaxes privadas   EntrarEntrar 

LETRAS GALEGAS

 
Publicar novo tema   Responde-lo tema    Foros de discusión -> A Taberna
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Sole



Rexistrado: 17 Feb 2008
Mensaxes: 36

MensaxePublicado: Mar Mai 12, 2009 10:52 am    Asunto: LETRAS GALEGAS Responder citando

Outra vez máis na taberna para botar unha parrafada.
Espero no falar "para a feira" e que alguén me lea e me conteste.
O pasado domingo, día 10, celebramos as Letras Galegas.Unha cotradición...porque en San Lourenzo as LETRAS sempre foron e seguen a ser GALEGAS tódolos días...pero foi unha ocasión para xuntarnos.
Chegada esta data quero lembrar aquí aquel outono-inverno do ano 1996...Foi daquela cando María J. Vázquez chamou ás nosas portas e xuntou un grupo de xente do que saíu a 1ª Xunta Directiva da Asociación.
Os principios foron complicados, pola razón de que non tiñamos un lugar onde reunirnos...canto me lembro daquelas xuntanzas na "oficina"!!!
Levou case 9 anos pero conseguiuse, grazas ás axudas e subvencións que tivemos...pero ante todo e sobre todo ás ganas que lle puxo a xente de San Lourenzo...todo o mundo...todos colaboraron neste proxecto...
Recordades o que dixeron Entroido e Entroida cando nos viñeron visitar?
HAI UNHA XENTE MOI "GUAI"
NESTA PARROQUIA PEQUENA
E CADAQUÉN Ó SEU XEITO
APORTA O SEU GRAN DE AREA.
Agora xa temos este tren tirando para diante...e cando pare teremos que repartir os vagóns...farémolo...e a María José(a min gústame chamarlle así)
tócaralle a locomotora.
No ano 2006 inaugurouse o Local ploo Sr Alcalde de Outes, coincidindo co acto das LETRAS no que contamos coa presenza de Ramón Blanco como conferenciante.
No 2007 tivemos con nós a Xerardo Agrafoxo que nos achegou á vida e obra de María Mariño.
No 2008...bueno...no 2008...foi a "estrea mundial" de "Os vellos non deben de namorarse" por ese cacho-actorazos que temos...deles non hai nada que dicir, só velos e escoitalos.
E este ano 2009, contamos co profesor Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, para falarnos da vida de Ramón Piñeiro.
É sempre para nós unha honra contar con persoeiros coma Ramón, Xerardo ou Xoán Pastor, que desta maneira demostran o interese que teñen por difundir a cultura galega, achegándose alí onde os chaman, aínda que sexa, coma neste caso, un apartado recuncho.
Logo houbo un recital de poesías de ROSALÍA polas persoas que asistiron ó CLUB DE LECTURA posto en marcha por Bárbara Carballo, Técnica de Normalización Lingüística do Concello e no que Mili Insua estivo no papel de Rosalía(auténtica Rosalía) ...como foi o recital? SIN PALABRAS...a quen máis e a quen menos saíronlle unhas bágoas dos ollos.
A continuación o grupo de PANDEIRETEIR@S...APOTEÓSICA actuación...estupenda...e que ben lle sentan os SANCOSMEIROS... xa se pode ir a LUAR.Noraboa.
Tamén houbo unha exposición de labores e manualidades...non moita cantidade pois creo que se exportou bastante.
Ó remate de todo esto...como non? un clásico en toda festa que se precie en Sanloren...saborosos PETISCOS...non faltou de nada e sobrou moi pouco.
Bicos e apertas dende Sanloren.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar email
Sole



Rexistrado: 17 Feb 2008
Mensaxes: 36

MensaxePublicado: Mar Mai 12, 2009 10:57 am    Asunto: ERROS Responder citando

Chorando Chorando Hai no texto algún erros de "imprenta"...entenderédelo o mesmo. Avergoñado Avergoñado
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar email
Ali



Rexistrado: 22 Abr 2008
Mensaxes: 4

MensaxePublicado: Mar Mai 12, 2009 11:00 pm    Asunto: :) Responder citando

orgullosos estamos os que somos mitade de San Lorenzo, así que os que sodes 100% e organizades todas as actividades como esta, noraboa! dá gusto ver actos como o do domingo. hai máis actividade cultural en San Lorenzo quen en moitas vilas de Galicia. ánimo para seguir coa asociación Sorriso
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responde-lo tema    Foros de discusión -> A Taberna Tódalas horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Pode publicar novos temas neste foro
Non pode responder a temas neste foro
Non pode edita-las súas mensaxes neste foro
Non pode borra-las súas mensaxes neste foro
Non pode votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2008 phpBB Group
© 2008 Eloy
Version preinstalada en galego por egalego.com