Foros de discusión www.aavvsueiro.org
Foro: Asociación de Veciños Sueiro
 
 Preguntas frecuentesPreguntas frecuentes   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ve-las súas mensaxes privadasEntre para ve-las súas mensaxes privadas   EntrarEntrar 

50 anos

 
Publicar novo tema   Responde-lo tema    Foros de discusión -> A Taberna
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Sole



Rexistrado: 17 Feb 2008
Mensaxes: 36

MensaxePublicado: Mer Abr 02, 2008 11:27 pm    Asunto: 50 anos Responder citando

Cúmprense este verán os 50 anos da alfombra de serrín de cores que cada ano se fai na adro da igrexa.
Foi no ano 1958 pola festa do Sacramento,cando a mestra da parroquia ,Mª Luisa Vivián Viz,axudada polos seus alumnos e alumnas, elaborou unha bonita alfombra con serrín de cores e con flores(pódese ver na GALERÍA de fotos desta web,en fotos antigas).
Desde aquela non se faltou á cita anual no adro para a súa elaboración.
Esa é unha das pegadas que esa mestra deixou nesta pequena parroquia.
Todos a recordamos con infinito cariño (eu son unha das súas alumnas) e sería desexo de todos e todas tela aquí para para celebrar con nós este CINCUENTENARIO,pero hai cousas que xa non poden ser.
Vaia para ela este recordo.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar email
Sole



Rexistrado: 17 Feb 2008
Mensaxes: 36

MensaxePublicado: Mar Xuñ 03, 2008 9:11 am    Asunto: PASOU O DÍA Responder citando

Moi Contento Moi Contento Moi Contento
Pois si,xa pasou o día da celebración e foi undía estupendo.Tan estupendo que ata tivemos un aliado:O TEMPO.Porque despois do que choveu todo o mes...
O sábado pola tarde non contabamos con poder facer nada,pero cando xa estabamos desmoralizadas,remata a chuvia...Daquela botámonos ó monte buscar margaridas...o mesmo que cando nos mandou a mestra no ano 58....QUE RISAS!!! Risas Risas Risas por entre as fieitas...no Fonteporca de Martelo... Risas Risas Risas Imaxinamos aquelas rapazas de 10 anos ás que esperaba unha mestra no campo da igrexa...imaxinamos aquela carretera sen asfaltar...e nós a correr por ela para chegar axiña...pero somentes imaxinamos...a realidade era que estabamos molladas ata o pescozo...as fieitas eran tan grandes coma nós...e acababa de chover... Risas Risas Risas ...pero era o mesmo...nós a rir... Risas Risas Risas
Ó chegar á igrexa unha bizcochada rica rica que fixera Rocío.
Logo teñido de serrín...e á casa...duchas quentiñas e á cama...mañán había que levantarse cedo... Moi Contento Moi Contento Moi Contento
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar email
Sole



Rexistrado: 17 Feb 2008
Mensaxes: 36

MensaxePublicado: Sab Xul 19, 2008 7:40 pm    Asunto: 2ª PARTE Responder citando

Quedábame a 2ª parte sen dicir, un día por outro e fun deixando.
Foi un día do sacramento moi especial, a verdade é que todos os anos esta festa ten moito, moito de especial, pero este ano máis aínda Sorriso Sorriso Sorriso 50 anos, que non é un conto...
Estabamos xuntas,encantadas de volver, fixemos a alfombra, outros o arco, comemos a parva ao remate(todo sabía ben), fomos á misa, botamos unhas bailas...que ben!!!!! Todo o mundo a participar en todo, estaba a mellor xente, xente de Sanloren...non a hai coma ela...
E pola noite no local,unhas bailas outra vez.DÍA ESTUPENDO.
Pero parece que os veráns en Sanloren traen nubes escuras:( Triste Triste e despois deste feliz día... Chorando Chorando Chorando xa sabedes...
Chorando Chorando Chorando así como participamos dos momentos de ledicia,tamén participamos nos outros... sin palabras,estas "sobran e faltan" ao mesmo tempo,Chorando Chorando Chorando O MEU MELLOR RECORDO
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar email
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responde-lo tema    Foros de discusión -> A Taberna Tódalas horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Pode publicar novos temas neste foro
Non pode responder a temas neste foro
Non pode edita-las súas mensaxes neste foro
Non pode borra-las súas mensaxes neste foro
Non pode votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2008 phpBB Group
© 2008 Eloy
Version preinstalada en galego por egalego.com