 |
www.aavvsueiro.org Foro: Asociación de Veciños Sueiro
|
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte |
Autor |
Mensaxe |
Sole

Rexistrado: 17 Feb 2008 Mensaxes: 36
|
Publicado: Dom Xan 22, 2012 1:04 pm Asunto: "SUEIRO" con Francisco Añón |
|
|
Cando no ano 2006 se inagurou o local veciñal, "SUEIRO" decidiu celebralo "a todo gas". Que mellor que facelo cunha lembranza a Francisco Añón? Parecía a mellor opción porque era o poeta de Boel e un dos PRECURSORES DO REXURDIMENTO despois de pasados os SÉCULOS ESCUROS.
Para iso preparouse un recital da súa obra no que participaron persoas desde alumnos de PRIMARIA ata xubilado@s. Tamén se fixo un achegamento á súa vida para o que se contou coa presenza de Ramón Blanco, un dos outenses estudosos e entendidos na obra de Añón. Certo que foi moi emocionante e moi ben aproveitada a conferencia. RAMÓN soubo facela así.
Pasados 5 anos (na FESTA DAS LETRAS 2011) unha vez máis estivo Añón nos actos. Foi outro recital dos seus poemas a cargo das mulleres asistentes ao CLUB DE LECTURA.
Agora, no 2012, cando este PRECURSOR cumpriría 200 anos, outra vez.
Pouco queda que non se fixese, pero intentarase. A ver se con música.
Saúdos. |
|
Volver arriba |
|
 |
berta

Rexistrado: 14 Mai 2012 Mensaxes: 1
|
Publicado: Lun Mai 14, 2012 10:48 pm Asunto: |
|
|
Pois si señor, con música foi. Unha vez máis as nosas mulleres do Clube de Lectura demostráronnos que elas valen para todo. Moi ben cantado ese Himno a Galicia de Francisco Añón.
Un forte aplauso para elas, porque ten moito mérito o que están a facer. E moitos ánimos para seguir para adiante!!!!  |
|
Volver arriba |
|
 |
Sole

Rexistrado: 17 Feb 2008 Mensaxes: 36
|
Publicado: Mer Xuñ 06, 2012 11:02 am Asunto: |
|
|
berta escribiu: | Pois si señor, con música foi. Unha vez máis as nosas mulleres do Clube de Lectura demostráronnos que elas valen para todo. Moi ben cantado ese Himno a Galicia de Francisco Añón.
Un forte aplauso para elas, porque ten moito mérito o que están a facer. E moitos ánimos para seguir para adiante!!!!  |
Si, Berta..."SUEIRO" vale para todo.
Neste pequeno curruncho do val do Tines todo se fai así, caladiñamente, sen publicidade, sen apenas presuposto pero con moita, moitísima boa vontade ... porque queremos e porque nos gusta... desde os nenos aos maiores, desde a lectura ao teatro...
ADIANTE. |
|
Volver arriba |
|
 |
|
|
Pode publicar novos temas neste foro Non pode responder a temas neste foro Non pode edita-las súas mensaxes neste foro Non pode borra-las súas mensaxes neste foro Non pode votar en enquisas neste foro
|
|