Foros de discusión www.aavvsueiro.org
Foro: Asociación de Veciños Sueiro
 
 Preguntas frecuentesPreguntas frecuentes   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ve-las súas mensaxes privadasEntre para ve-las súas mensaxes privadas   EntrarEntrar 

NOVO CURSO

 
Publicar novo tema   Responde-lo tema    Foros de discusión -> A Taberna
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Sole



Rexistrado: 17 Feb 2008
Mensaxes: 36

MensaxePublicado: Dom Ago 31, 2008 11:44 am    Asunto: NOVO CURSO Responder citando

Pouca xente aparece pola TABERNA...
agora non hai disculpa para non acertar do sitio, pois están postos os letreiros...e son grandes eh?
SAN LOURENZO.
Que non se diga...!!!
E se alguén acerta do camiño...
pasa caladiño, sen dicir nada.

Que foi desa xente que nos visitou?
Volvedeeeee!!!
Sodes moitos e moi importantes.
Desde Canarias, Madrid,Baleares,Suiza, Alemania, Buenos Aires...


Cando chego á TABERNA non hai ninguén...estou soa...
quería botar unha parrafada pero...
nada!... non aparece ninguén...
sería que o verán nos tivo a todos moi ocupados?
si...seguro que foi iso.

Agora que empeza un novo curso e empezan as actividades, verémonos máis a miúdo.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar email
marcos. mingueiro



Rexistrado: 22 Xuñ 2008
Mensaxes: 6

MensaxePublicado: Mer Set 03, 2008 8:55 pm    Asunto: Responder citando

DI QUE SI SOLE. Eu tamen tiven abandonado esto un pouquiño pero bueno , mais vale tarde .... Moi Contento Moi Contento . Bueno , pois vos diredes como foron as festas ,a pesar de que choveu , porque en SAN LOREN ten que caer moita agua para sacar as ganas do cachondeo. Bueno SOLE , hoxe estou un pouco reventado porque son as 9 da noite e levanteime para traballar as 6,30 da mañan.Vou a descansar un pisco que mañan mais.UN SALUDO PARA TI E TAMEN PARA TODO O POVO , E QUE SE ANIMEN A PARTICIPAR E VEÑAN ALGUNHA VEZ A ESTA TABERNA TAN ESPECIAL.BICOS
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Sole



Rexistrado: 17 Feb 2008
Mensaxes: 36

MensaxePublicado: Ven Set 05, 2008 2:59 pm    Asunto: Responder citando

Ola Marcos:
sabía que aparecerías...e que serías o 1º.

De festas. moi ben, a pesares da chuvia.
O día 10 foi safando, aínda que pola noite algo de chuvia.
Pero o 11...ai o 11!!! chuvia a cachón...chegou a banda municipal para o mediodía, xa non puderon baixar do autobús.
Escampou como media hora, xusto á hora de saír a procesión...debían ter os nosos santiños ganas de ver o adro e tomar o aire...non me extraña... pobriños...! todo o inverno alí metidos.
Cando á tardiña chegou a orquesta houbo que tomar unha decisión:
tocar ou non tocar...
Decidiuse TOCAR...por estas razóns:
-rifar o carneiro
-facer a queimada
e...a principal
-os festeiros,tanto da parroquia coma de fóra dela...esa xente que cada ano chega para acompañarnos nestas festas.

A decisión foi acertada...
pensabamos en que a orquesta tocase unha hora, carneiro, queimada e...cada un á súa casa.
Si si...esa era a idea, pero iso pasou ata ás dúas e madia da mañán... chuvia e molladuras incluídas.
é o que pasa...en SAN LOREN cando prende o lume, prende e acabouse...

Espéroche na TABERNA
Bicos para a familia.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar email
marcos. mingueiro



Rexistrado: 22 Xuñ 2008
Mensaxes: 6

MensaxePublicado: Mer Set 24, 2008 11:21 am    Asunto: Responder citando

ola a todos . polo que vexo fun o primeiro e por desgracia o ultimo en ir a taberna . levo unha temporadiña un pouco jodida , pois pasaronme cousas que non esperaba nin en soños . e para mais joder todas malas. parese que o que esta arriba pasao ben cos meus males , pois leva 38 anos fasendome putadas . ahora vos conto: para empesar e o peor de todo , e que o meu pequeno descubrironlle unha desviacion na columna , fai unha S , e ten que levar un corse ,(un cacharro que empeza no medio das cachas a acaba na cabeza ). ten que telo posto 23 horas diarias , hasta os 15 anos . a infancia toda jodida . unha p... **** . e non rematou a cousa , que para joder mais ainda , acabouse o traballo na construccion e quedeime sin traballo .din por ahi que non hai mal que por ben non veña , e debe ser serto , porque encontrei traballo nun hotel , e estou moi ben . bueno por esta non conto mais . a ver si a proxima vez teño algo mais alegre . saludos
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Ali



Rexistrado: 22 Abr 2008
Mensaxes: 4

MensaxePublicado: Mer Out 08, 2008 2:04 am    Asunto: Responder citando

padriño, aos que temos sangue mingueira, ningún mal nos pode. o de arriba (se está) non se acordou demasiado nunca de nós, pero valémonos por nós mesmos. tocoume o de Marco porque coa vitalidade que ten ter que cortarlla por esa putada... e o teu, co feliz que che vin fai nada, non mo esperaba... pero se no hotel estás ben, por aquí quedamos contentos Sorriso

moitísimo ánimo dende os mingueiros de aquí! bicos para os tres Sorriso
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Ali



Rexistrado: 22 Abr 2008
Mensaxes: 4

MensaxePublicado: Mer Out 08, 2008 2:14 am    Asunto: Responder citando

por certo, alguén podería poñer fotos da festa de agosto deste ano? que ben o pasei!! Sorriso
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responde-lo tema    Foros de discusión -> A Taberna Tódalas horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Pode publicar novos temas neste foro
Non pode responder a temas neste foro
Non pode edita-las súas mensaxes neste foro
Non pode borra-las súas mensaxes neste foro
Non pode votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2008 phpBB Group
© 2008 Eloy
Version preinstalada en galego por egalego.com