Páxina principal
Historia e logros da asociación de veciños
 

Benvidos á sección da Asociación de Veciños

Nesta sección faremos un breve percorrido pola nosa historia que aínda que é pouca nós vivímola intensamente.

Tes á túa disposición un formulario no que podes mandarnos todas as túas proposións, louvanzas, ideas e por suposto críticas.

Queres participar, aportar ou corrixir algúns dos apartados do web? adiante !!! estamos á espera das túas suxestións.

Ola


O día 3 de Outubro do 1996 reúnese un grupo de persoas da parroquia convocados por María José Vázquez coa fin de constituir unha asociación.

Desta reunión sae unha comisión xestora para poñer a andar o que sería a

Asociación de Veciños Sueiro.

Emilia Ínsua Antelo - Presidenta
Francisco Clemente Antelo Rey - Vicepresidente
María José Vázquez Bermúdez - Secretaria
Soledad Perol Riveiro - Vicesecretaria
Isauro García Cernadas - Tesoureiro
Domingo Gaciño Campos - Vogal
Domingo Carballo Perol - Vogal
José Antonio Muñiz Núñez - Vogal

O primeiro dos obxectivos era conseguir uns terreos para a construción dun local veciñal, parecía un bo lugar "As Canliñas" na Carreira, así que postos en contacto cos propietarios dos terreos e co concello, que poría o capital necesario para mercalas, converteuse xa nunha realidade.
(Grazas dende aquí aos propietarios pola súa colaboración).

O día 20 de Xullo de 1997 Celébrase a 1ª asamblea xeral de socios no campo da igrexa. A comisión xestora é ratificada como xunta directiva.

Local Social

Despois de ter chamado a moitas portas para podermos construir o local 10 anos despois (Maio de 2006) queda definitivamente inagurado.

Nestes 10 anos de andaina houbo cambios ata chegar á actual, composta por:

Mª José Vázquez Bermúdez - Presidenta
Mª José Blanco Rey - Vicepresidenta
Soledad Perol Riveiro - Secretaria
José A. Muñiz Núñez - Vicesecretario
Mª Carmen García Val - Tesoureira
Mª Digna Fornís Molinos - Vogal
José Baña Novo - Vogal
Sara Quiñoy Pandelo - Vogal

Ó longo deste tempo o traballo da asociación non parou e leváronse a cabo diferentes melloras para a parroquia:

Saneamento das augas de:  
Carreira A Torre Barco Famelga Mastontán
Carreira. A Torre.

Barco.

Famelga. Mastontán.
  Local Social
 
Acondicionamento dos arredores do local veciñal.
 
E non remata aquí... seguimos traballando.
   

Copyright © Asociación veciños Sueiro - Outes - A Coruña .Todos os dereitos reservados. 2007